Éxito de acollida e asistencia na preestrea de ‘Pazo de familia’, a nova serie da TVG

Alejandro Sanz estrea “Un zombie a la intemperie”
27/12/2018
Show all

Éxito de acollida e asistencia na preestrea de ‘Pazo de familia’, a nova serie da TVG

Centos de persoas, moitas delas do sector audiovisual, déronse cita esta tarde no auditorio Abanca de Santiago de Compostela para apoiar o próximo lanzamento da nova serie da Televisión de Galicia para a noite dos luns, ‘Pazo de familia’. Tras a preestrea da ficción, consistente na proxección do primeiro capítulo, a excelente reacción do público apunta a que esta ficción promete ser tamén un novo éxito da Galega.

‘Pazo de Familia’ é o spin off da coñecida ‘Libro de familia’, a serie máis lonxeva e unha das de máis audiencia da historia da canle autonómica. A trama comeza cando, tempo despois da morte de Manuel, Sara, o pequeno Lolo e Cosme Cabanas, deixando atrás o pasado en Santalla, irrompen, da man de Marisiña, na luxosa casa dos Pardo Veiga, a familia máis poderosa, admirada e envexada da cidade.

Podes ler a nova completa pinchando aquí e se pinchas aquí, tes a galería de fotos do evento.

Comments are closed.