Producimos casi todo o necesario para converter os soños en televisión
Galliwood, holding de empresas do audiovisual
Axiona Production
Galiwood presenta Axiona Production, a súa innovadora división dedicada á creación de contidos verticais. Grazas á súa ampla experiencia, o equipo está capacitado para ofrecer producións de alta calidade nunha ampla gama de países, incluíndo Estados Unidos, España, Colombia, Ecuador, Perú, Venezuela, Guatemala e O Salvador. +infoGaliwood
É a división que lle dá nome ao noso holding. Incubadora de proxectos, a fábrica de soños do grupo. Financia desenvolvementos de proxectos, produce pilotos e aposta por talentos novos.TeleFicción
Produtora de series de ficción. En colaboración con Correo TV produciu Caseiros e Libro de Familia, para TVG. Tamén Nada es para siempre, para Antena 3, e Géminis, para TVE.CTC
Distribuidora de Contidos. En asociación con Comercial TV, distribúe e comercializa programas de televisión para canles autonómicas e locais. Encargouse da importación para España dos formatos Sin tetas no hay paraíso, emitida por Tele 5 con moito éxito, e de Pasión de Gavilanes, programa por Antena 3.BS@
É a matriz do holding, e dedícase aos labores de asesoría e consultoría, ademais de xestionar o patrimonio inmobiliario do grupo.
Que facemos
Casos de éxito
Algunhas das cousas que facemos
A produción de series que tiveron un éxito notable nas televisións de todo o mundo, a distribución de contido televisivo cunha acollida moi grande por parte do público e a aposta polo emprendemento e as ideas innovadoras no campo audiovisual son as marcas de identidade de Galiwood. Aquí mostrámoslles algúns dos casos de éxito que conforman o holding de Galiwood.
O noso equipo
José María Besteiro

CEO
José María Besteiro (Lugo, 1963) é o fundador do Grupo Galiwood, holding constituído por compañías de produción audiovisual, canles de distribución de programas e xestión de dereitos audiovisuais.
Hugo Álvarez

Dirección de contidos
Formado no Instituto Oficial de RTVE e a Escuela Internacional de Cine y TV, en Cuba, colaborou como guionista en series como Nada es para Siempre (Antena3), Géminis (TVE) ou Libro de Familia (TVG), entre outros proxectos.
Pep Sempere

Asesoría de Imaxe
Foi Director Artístico de Canal+ no lanzamento de Canal+ Digital e de Canal Satélite Digital. Dirixe EPS Motion Graphics, empresa de deseño de imaxe en movemento, imaxe corporativa e realización gráfica para TV, publicidade, cine e eventos.
Juan Salmerón

Servizos Xurídicos
Avogado e socio de Écija y Asociados. Director do Programa de Dirección de Empresas de Ocio do Instituto de Empresa e Profesor de Dirección de Empresas Audiovisuais. Coautor do Libro Blanco del Audiovisual y Hacia una nueva política audiovisual.

