Producimos casi todo o necesario para converter os soños en televisión
Galliwood, holding de empresas do audiovisual
Galiwood
É a división que lle dá nome ao noso holding. Incubadora de proxectos, a fábrica de soños do grupo. Financia desenvolvementos de proxectos, produce pilotos e aposta por talentos novos. +infoTeleFicción
Produtora de series de ficción. En colaboración con Correo TV produciu Caseiros e Libro de Familia, para TVG. Tamén Nada es para siempre, para Antena 3, e Géminis, para TVE. +infoCTC
Distribuidora de Contidos. En asociación con Comercial TV, distribúe e comercializa programas de televisión para canles autonómicas e locais. Encargouse da importación para España dos formatos Sin tetas no hay paraíso, emitida por Tele 5 con moito éxito, e de Pasión de Gavilanes, programa por Antena 3. +infoBS@
É a matriz do holding, e dedícase aos labores de asesoría e consultoría, ademais de xestionar o patrimonio inmobiliario do grupo. +info
Que facemos
Casos de éxito
Algunhas das cousas que facemos
A produción de series que tiveron un éxito notable nas televisións de todo o mundo, a distribución de contido televisivo cunha acollida moi grande por parte do público e a aposta polo emprendemento e as ideas innovadoras no campo audiovisual son as marcas de identidade de Galiwood. Aquí mostrámoslles algúns dos casos de éxito que conforman o holding de Galiwood.
O noso equipo
José María Besteiro

CEO
José María Besteiro (Lugo, 1963) é o fundador do Grupo Galiwood, holding constituído por compañías de produción audiovisual, canles de distribución de programas e xestión de dereitos audiovisuais.
Silvia Carnero

Directora de Produción
Licenciada en Ciencias da Información pola Universidad Católica Andrés Bello, especializada en audiovisual. Directora de produción en series como Mareas Vivas e Libro de Familia (TVG), Nada es Para Siempre (A3) ou Géminis (TVE).
Pep Sempere

Asesor de Imaxe
Foi Director Artístico de Canal+ no lanzamento de Canal+ Digital e de Canal Satélite Digital. Dirixe EPS Motion Graphics, empresa de deseño de imaxe en movemento, imaxe corporativa e realización gráfica para TV, publicidade, cine e eventos.
Juan Salmerón

Servizos Xurídicos
Avogado e socio de Écija y Asociados. Director do Programa de Dirección de Empresas de Ocio do Instituto de Empresa e Profesor de Dirección de Empresas Audiovisuais. Coautor do Libro Blanco del Audiovisual y Hacia una nueva política audiovisual.