

“Unha serie de época que esperamos que marque época”, conta José María Besteiro, productor de sériea “Lobos e cordeiros”. A TVG estreará en xaneiro esta ficción ambientada en Ourense a cargo da productora Galiwood e co patrocinio da Diputación de Ourense.
O público do OUFF puido gozar onte do primeiro capítulo desta historia de finais do século XIX de amores imposibles entre tres familias. O elenco, entre eles os ourensanos Aida Branco, Nacho Nugo e Alberto Rolán, acompañou ao público do festival no visionado destas primeiras imaxes, no Teatro Principal. Boas sensacións.