O vídeo de Enrique Iglesias que promociona Galicia supera todas as previsións con máis de 150 millóns de visualizacións

Estrea de “Lobos e cordeiros”,a nova producción de Galiwood
28/12/2018
O videoclip «Un zombie á intemperie», de Alejandro Sanz, supera os 30 millóns de visualizacións
06/05/2020

O vídeo de Enrique Iglesias que promociona Galicia supera todas as previsións con máis de 150 millóns de visualizacións

O videoclip da canción «Noche y día» de Enrique Iglesias, que amosa algunhas das máis espectaculares localizacións galegas, superou as previsións máis optimistas e conseguiu desde a súa estrea máis de 150 millóns de reproduccións só en Youtube.

Antes da súa emisión, as previsións apuntaban a que o vídeo podería alcanzar os 100 millóns de visualizacións, pero superou moitísimo estas expectativas. O Goberno galego colaborou económicamente na produción deste vídeo cun investimento que ten un retorno maior do esperado, tanto na facturación de empresas e profesionais galegos que participaron na produción do clip como hosteleiros ou traballadores de empresas de iluminación e de catering que apoiaron a rodaxe en Galicia, como na promoción dos lugares máis turísticos de Galicia.

No videoclip aparecen algúns dos escenarios galegos máis identificables, pois se mostran localizacións da Coruña, Lugo, Santiago, Ribadeo ou o monasterio de Carboeiro, entre outros, ademais dun rótulo que sitúa as escenas en Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *