Imaxinación con grelos

Fábrica de
SOÑOS
Produción de
SERIES
Distribución de
CONTIDOS
Produción
MUSICAL
Asesoría e
CONSULTORÍA

GALIWOOD, holding de empresas do audiovisual

Producimos case todo o necesario para converter os soños en televisión

CONTIDO VERTICAL

Galiwood presenta Axiona Production, a súa innovadora división dedicada á creación de contido vertical. Grazas á súa ampla experiencia, o equipo está capacitado para ofrecer producións de alta calidade nunha ampla gama de países, entre eles Estados Unidos, España, Colombia, Ecuador, Perú, Venezuela, Guatemala e O Salvador.

CONTIDO VERTICAL

INCUBADORA DE PROXECTOS

É a división que dá nome ao noso holding. Incubadora de proxectos, a fábrica de soños do grupo. Financia o desenvolvemento de proxectos, produce pilotos e aposta por novos talentos.

INCUBADORA DE PROXECTOS

PRODUTORA DE SERIES DE FICCIÓN

Produtora de series de ficción. En colaboración con Correo TV produciu Caseiros e Libro de Familia, para a TVG. Tamén Nada es para siempre, para Antena 3, e Géminis, para TVE.

PRODUTORA DE SERIES DE FICCIÓN

DISTRIBUIDORA DE CONTIDOS

En asociación con Comercial TV, distribúe e comercializa programas de televisión para canles autonómicas e locais. Encargouse da importación para España dos formatos Sin tetas no hay paraíso, emitida por Tele 5 con grande éxito, e de Pasión de Gavilanes, emitida por Antena 3.

DISTRIBUIDORA DE CONTIDOS

ASESORÍA E CONSULTORÍA

É a matriz do holding e dedícase a labores de asesoría e consultoría, ademais de xestionar o patrimonio inmobiliario do grupo.

ASESORÍA E CONSULTORÍA

A nosa actividade

Algúns exemplos do que facemos en Galiwood

A produción de series que tiveron un notable éxito en televisións de todo o mundo, a distribución de contido televisivo cunha grande acollida por parte do público e a aposta polo emprendemento e as ideas innovadoras no campo audiovisual son os sinais de identidade de Galiwood. Aquí amosámoslles algúns dos casos de éxito das empresas que conforman o holding de Galiwood.

O noso equipo

Os que nos axudan a converter os soños en televisión

José María Besteiro (Lugo, 1963) é o fundador do Grupo Galiwood, holding constituído por compañías de produción audiovisual, canles de distribución de programas e xestión de dereitos audiovisuais.
Ignasi Rubio é un recoñecido guionista, creador e produtor de televisión español, cunha extensa traxectoria na ficción televisiva e cinematográfica estatal.
Foi Director Artístico de Canal+ no lanzamento de Canal+ Digital e de Canal Satélite Digital. Dirixe EPS Motion Graphics, empresa de deseño de imaxe en movemento, imaxe corporativa e realización gráfica para TV, publicidade, cine e eventos.
Avogado e socio de Écija y Asociados. Director do Programa de Dirección de Empresas de Lecer do Instituto de Empresa e profesor de Dirección de Empresas Audiovisuais. Coautor do Libro Blanco del Audiovisual e de Hacia una nueva política audiovisual.