INTRODUCIÓN E DATOS DA COMPAÑÍA
O presente documento constitúe o Aviso legal e as Condicións xerais de uso que regulan o acceso, a navegación e o uso da web de CENTRAL DE TELECONTENIDOS, S.L. (en diante, a ENTIDADE), situada no URL www.galiwood.tv
CENTRAL DE TELECONTENIDOS, S.L. é unha entidade con domicilio social na Coruña, Polígono da Grela, rúa Copérnico, 3-2º, Oficina A4, con N.I.F. B-70043302 e inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, Tomo 3063, Sección xeral, Folio 174, Folla C-38050.
OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Estas son as condicións de uso que regulan o acceso, a navegación e o uso do sitio web www.galiwood.tv (en diante, Sitio Web), así como as responsabilidades derivadas da utilización dos seus contidos (entendendo en diante por “contidos” os textos, gráficos, debuxos, deseños, códigos, software, fotografías, sons, bases de datos, servizos, imaxes, expresións e informacións, así como calquera outra creación protexida polas leis nacionais e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual e industrial).
Entenderase que o acceso, a navegación e o uso do Sitio Web comporta e supón a aceptación por parte do usuario do presente Aviso legal e, polo tanto, implica a adhesión ás Condicións xerais de uso que inclúe.
Neste sentido, entenderase por Usuario a persoa que acceda, navegue, utilice ou participe nos servizos e actividades, gratuítas ou onerosas, desenvolvidas no Sitio Web.
O presente Aviso legal ten por obxecto regular o acceso, a navegación e o uso do Sitio Web, pero, independentemente destas, a ENTIDADE poderá establecer unhas condicións particulares que regulen a utilización, adquisición e/ou contratación de produtos ou servizos específicos que se poidan ofrecer aos Usuarios a través do Sitio Web.
Antes de utilizar, adquirir e/ou contratar eses produtos ou servizos específicos ofertados pola ENTIDADE, o Usuario deberá ler atentamente as condicións particulares creadas, se é o caso, para tal efecto pola ENTIDADE. A utilización, adquisición e/ou contratación deses produtos ou servizos específicos implica a aceptación das condicións particulares que os regulen na versión publicada pola ENTIDADE no momento en que se produza esa utilización, adquisición e/ou contratación.
Así mesmo, a ENTIDADE poderá habilitar terceiras entidades para que publiciten ou presten os seus servizos, ben mediante a inserción de ligazóns ás súas respectivas páxinas web, ben a través de banners. Nestes casos, a ENTIDADE non será responsable de establecer as condicións xerais e particulares que se deban ter en conta na utilización, prestación ou contratación destes servizos por terceiros e, polo tanto, non poderá ser considerada responsable deles.
ACCESO
O acceso ao Sitio Web ten carácter libre e gratuíto. Porén, no caso de que se poñan a disposición a través do Sitio Web servizos e/ou contidos, ofrecidos pola ENTIDADE ou por terceiros, suxeitos á contratación previa do servizo e/ou contido e ao pagamento dunha cantidade de diñeiro, haberá que aterse, se é o caso, ao que se determine nas correspondentes Condicións particulares, que se porán a disposición do Usuario de forma previa, facilmente accesible e clara.
O acceso e a navegación a través do Sitio Web non requiren rexistro; con todo, é posible que para acceder á reserva e/ou contratación de determinadas aplicacións e/ou servizos se requira a alta previa como usuario da aplicación deste Sitio Web, mediante a cal se lle outorgará ao usuario un identificador e un contrasinal para o acceso.
Neste caso, o contrasinal será persoal e intransferible e, en caso de solicitude de cambio, deberá xeralo o Usuario de acordo coas regras de robustez e complexidade que estableza en cada momento a ENTIDADE.
Se o usuario selecciona un contrasinal que non cumpra os requisitos mínimos conforme á Política de contrasinais aprobada e vixente na ENTIDADE, será avisado deste incumprimento e dos requisitos que debe reunir o contrasinal para a súa efectiva validez.
Porén, o Sitio Web dispón das funcionalidades necesarias para que o Usuario poida cambiar o seu contrasinal cando o considere oportuno, por exemplo, porque sospeite ou constate que se produciu a quebra da confidencialidade do contrasinal.
O par constituído polo identificador e o contrasinal dará acceso, unicamente, á información que sexa accesible a través do Sitio Web, sen que mediante ese par se poida acceder a información relativa ou correspondente a outros usuarios do Sitio Web da ENTIDADE.
O contrasinal terá carácter persoal e intransferible. O Usuario comprometese a facer un uso dilixente do seu contrasinal e a mantelo en segredo, sen transmitilo a ningún terceiro. En consecuencia, os Usuarios son responsables da axeitada custodia e confidencialidade de calquera identificador e/ou contrasinal que seleccionasen como Usuarios de aplicacións da ENTIDADE, e comprometense a non ceder o seu uso a terceiros, xa sexa de forma temporal ou permanente, nin permitir o seu acceso a persoas alleas. Será responsabilidade do Usuario a utilización ilícita do Sitio Web por calquera terceiro ilexítimo que empregue para tal efecto un contrasinal por causa dunha utilización non dilixente ou da perda deste por parte do Usuario.
En virtude do anterior, é obriga do Usuario notificar de forma inmediata aos xestores do Sitio Web calquera feito que permita o uso indebido dos identificadores e/ou contrasinais, como o roubo, o extravío ou o acceso non autorizado a estes, co fin de proceder á súa inmediata cancelación. Mentres non se comuniquen tales feitos, a ENTIDADE quedará eximida de calquera responsabilidade que puidese derivar do uso indebido dos identificadores ou contrasinais por terceiros non autorizados.
A eventual solicitude de accesos directos ou cambios na páxina de inicio do seu ordenador ao Sitio Web, naqueles casos en que o software descargado se atope publicado dentro de medios electrónicos propiedade deste Sitio Web (compilacións en CD ou software), non estará en ningún caso vinculada á instalación ou ao posterior uso e goce do software descargado.
Queda prohibido o acceso ao Sitio Web por parte de menores de idade, agás que conten coa autorización previa e expresa dos seus pais, titores ou representantes legais, que serán considerados responsables dos actos que leven a cabo os menores ao seu cargo, conforme á normativa vixente. En todo caso, presumirase que o acceso realizado por un menor ao Sitio Web se realizou coa autorización previa e expresa dos seus pais, titores ou representantes legais.
DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
A ENTIDADE é titular ou obtivo a correspondente licenza sobre os dereitos de explotación de propiedade intelectual e industrial do Sitio Web, así como dos dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os contidos, servizos e produtos dispoñibles a través deste.
En ningún caso se entenderá que o acceso e a navegación do Usuario polo Sitio Web ou a adquisición dos servizos da ENTIDADE ofrecidos a través do Sitio Web implica unha renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial destes dereitos por parte da ENTIDADE.
En consecuencia, non está permitido suprimir, eludir ou manipular o aviso de dereitos de autor (“copyright”) e calquera outro dato de identificación dos dereitos da ENTIDADE ou dos seus titulares incorporados aos contidos e produtos, así como os dispositivos técnicos de protección, as pegadas dixitais, as marcas de auga ou calquera mecanismo de información e/ou de identificación que puidesen conter.
Quedan reservados todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial e, en particular, queda prohibido modificar, copiar, reutilizar, explotar, reproducir, transformar, comunicar publicamente, facer segundas ou posteriores publicacións, cargar arquivos, enviar por correo, transmitir, usar, tratar ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos e produtos incluídos no Sitio Web para propósitos públicos ou comerciais, se non se conta coa autorización expresa e por escrito da ENTIDADE ou, se é o caso, do titular dos dereitos que corresponda.
UTILIZACIÓN DA PÁXINA
Os contidos ofrecidos a través do Sitio Web facilítanse unicamente a usuarios finais. Calquera uso comercial non autorizado destes, ou a súa revenda, quedan prohibidos, agás que se conte coa autorización previa e por escrito da ENTIDADE.
O acceso, a navegación e o uso do Sitio Web son responsabilidade do Usuario, polo que este se compromete a observar dilixente e fielmente calquera instrución adicional impartida pola ENTIDADE ou por persoal autorizado da ENTIDADE relativa ao uso do Sitio Web, así como dos seus contidos.
Os contidos incluídos no Sitio Web facilítanse ás persoas que naveguen a través da web, a persoas interesadas en contidos legais e a persoas que dispoñan da posibilidade de uso das aplicacións que a ENTIDADE poña ao seu servizo a través do Sitio Web. Calquera uso comercial non autorizado destes, ou a súa revenda, quedan prohibidos, agás que se conte coa autorización previa e por escrito da ENTIDADE.
Polo tanto, o Usuario obrígase a usar os contidos de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprometese a absterse de:
– Utilizar os contidos con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública.
– Reproducir ou copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou que isto resulte legalmente permitido.
– Empregar os contidos e, en particular, a información de calquera clase obtida a través do Sitio Web ou dos servizos para remitir publicidade, comunicacións con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluralidade de persoas con independencia da súa finalidade, así como absterse de comercializar ou divulgar de calquera modo esa información.
LICENZA SOBRE AS COMUNICACIÓNS
As comunicacións da Entidade cara ao Usuario realizaranse de conformidade cos datos de contacto achegados ou facilitados, se é o caso, para tal efecto.
Expresamente, o Usuario acepta a utilización do correo electrónico como procedemento válido para o intercambio de información e a remisión de comunicacións.
No caso de que o Usuario envíe información de calquera tipo á ENTIDADE a través do Sitio Web, mediante as canles que se poidan dispoñer para tal fin no propio Sitio Web, o Usuario declara, garante e acepta que ten dereito a facelo libremente, que esa información non infrinxe ningún dereito de propiedade intelectual, de marca, de patente, segredo comercial ou calquera outro dereito de terceiros, que esa información non ten carácter confidencial e que non é prexudicial para terceiros.
O Usuario recoñece asumir a responsabilidade e manterá indemne a ENTIDADE por calquera comunicación que subministre persoalmente ou no seu nome, responsabilidade que abrangue sen restrición ningunha a exactitude, legalidade, orixinalidade e titularidade desta.
RESPONSABILIDADES E GARANTÍAS
A ENTIDADE non pode garantir a fiabilidade, utilidade, veracidade ou idoneidade dos contidos que se presten a través do Sitio Web, debido á natureza do servizo.
En consecuencia, a ENTIDADE non garante nin se fai responsable de: (i) a continuidade dos contidos do Sitio Web; (ii) a ausencia de erros nos devanditos contidos ou produtos; (iii) a ausencia de virus e/ou demais compoñentes daniños no Sitio Web ou no servidor que o subministra; (iv) a invulnerabilidade do Sitio Web e/ou a inexpugnabilidade das medidas de seguridade que se adopten nel; (v) a falta de utilidade ou rendemento dos contidos e produtos do Sitio Web; (vi) os danos ou perdas que cause, a si mesma ou a un terceiro, calquera persoa que infrinxa as condicións, normas e instrucións que a ENTIDADE establece no Sitio Web ou a través da vulneración dos sistemas de seguridade do Sitio Web; e (vii) non é responsable, polo tanto, das perdas ou ganancias que poida sufrir o Usuario como consecuencia dalgunha falla, erro ou vulnerabilidade do Sitio Web ou do sistema.
Non obstante, a ENTIDADE declara que adoptou todas as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e do estado da tecnoloxía, para garantir o funcionamento do Sitio Web e evitar a existencia e transmisión de virus e demais compoñentes daniños aos Usuarios.
Se o Usuario tivese coñecemento da existencia dalgún contido ilícito, ilegal, contrario ás leis ou que puidese supoñer unha infracción de dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial, deberá notificalo inmediatamente á ENTIDADE para que esta poida proceder á adopción das medidas oportunas.
LIGAZÓNS
Ligazóns a outras páxinas web
No caso de que no Sitio Web o Usuario puidese atopar ligazóns a outras páxinas web mediante diferentes botóns, links, banners etc., estas serían xestionadas por terceiros. A ENTIDADE non ten facultade nin medios humanos nin técnicos para coñecer, controlar nin aprobar toda a información, contidos, produtos ou servizos facilitados por outros sitios web aos que se poidan establecer ligazóns desde o Sitio Web.
En consecuencia, a ENTIDADE non poderá asumir ningún tipo de responsabilidade por calquera aspecto relativo á páxina web á que se puidese establecer unha ligazón desde o Sitio Web, en concreto, a título enunciativo e non taxativo, sobre o seu funcionamento, acceso, datos, información, arquivos, calidade e fiabilidade dos seus produtos e servizos, as súas propias ligazóns e/ou calquera dos seus contidos, en xeral.
Neste sentido, se os Usuarios tivesen coñecemento efectivo da ilicitude de actividades desenvolvidas a través destas páxinas web de terceiros, deberán comunicalo inmediatamente á ENTIDADE para os efectos de que se proceda a deshabilitar a ligazón de acceso a esta.
O establecemento de calquera tipo de ligazón desde o Sitio Web a outro sitio web alleo non implicará que exista algún tipo de relación, colaboración ou dependencia entre a ENTIDADE e o responsable do sitio web alleo.
Ligazóns noutras páxinas web con destino ao Sitio Web
Se calquera Usuario, entidade ou sitio web desexase establecer algún tipo de ligazón con destino ao Sitio Web, deberá aterse ás seguintes estipulacións:
A ligazón só se poderá dirixir á páxina principal ou home do Sitio Web, agás autorización expresa e por escrito da ENTIDADE.
A ligazón debe ser absoluta e completa, é dicir, debe levar o Usuario, mediante un clic, ao propio enderezo URL do Sitio Web e debe abranguer completamente toda a extensión da pantalla da páxina principal do Sitio Web. En ningún caso, agás que a ENTIDADE o autorice de maneira expresa e por escrito, o sitio web que realiza a ligazón poderá reproducir, de calquera maneira, o Sitio Web, incluílo como parte da súa web ou dentro dun dos seus “frames” ou crear un “browser” sobre calquera das páxinas do Sitio Web.
Na páxina que establece a ligazón non se poderá declarar de ningunha maneira que a ENTIDADE autorizou esa ligazón, agás que a ENTIDADE o fixese expresamente e por escrito. Se a entidade que realiza a ligazón desde a súa páxina ao Sitio Web correctamente desexase incluír na súa páxina web a marca, denominación, nome comercial, rótulo, logotipo, slogan ou calquera outro tipo de elemento identificativo da ENTIDADE e/ou do Sitio Web, deberá contar previamente coa súa autorización expresa e por escrito.
A ENTIDADE non permite, nas páxinas que establecesen unha ligazón ao Sitio Web, a reprodución nin parcial nin total, nin a posta a disposición dos contidos que aparecen no Sitio Web.
A ENTIDADE non autoriza o establecemento dunha ligazón ao Sitio Web desde aquelas páxinas web que conteñan materiais, información ou contidos ilícitos, ilegais, degradantes, obscenos e, en xeral, que contraveñan a moral, a orde pública ou as normas sociais xeralmente aceptadas.
A ENTIDADE non ten facultade nin medios humanos e técnicos para coñecer, controlar nin aprobar toda a información, contidos, produtos ou servizos facilitados por outros sitios web que teñan establecidas ligazóns con destino ao Sitio Web.
A ENTIDADE non asume ningún tipo de responsabilidade por calquera aspecto relativo ao sitio web que establece esa ligazón con destino ao Sitio Web, en concreto, a título enunciativo e non taxativo, sobre o seu funcionamento, acceso, datos, información, arquivos, calidade e fiabilidade dos seus produtos e servizos, as súas propias ligazóns e/ou calquera dos seus contidos, en xeral.
DURACIÓN E MODIFICACIÓN
A ENTIDADE poderá modificar os termos e condicións aquí estipulados, total ou parcialmente, publicando calquera cambio na mesma forma en que aparece este Aviso legal ou a través de calquera tipo de comunicación dirixida aos Usuarios.
A vixencia temporal deste Aviso legal coincide, polo tanto, co tempo da súa exposición, ata que sexa modificado total ou parcialmente, momento no cal pasará a ter vixencia o Aviso legal modificado.
Con independencia do disposto nas condicións particulares, a ENTIDADE poderá dar por terminado, suspender ou interromper, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, o acceso aos contidos da páxina, sen posibilidade por parte do Usuario de esixir indemnización ningunha. Tras esa extinción, seguirán vixentes as prohibicións de uso dos contidos expostas anteriormente no presente Aviso legal.
XENERALIDADES
Os encabezamentos das distintas cláusulas son só informativos e non afectarán, cualificarán nin ampliarán a interpretación do Aviso legal.
En caso de existir discrepancia entre o establecido neste Aviso legal e as condicións particulares de cada servizo específico, prevalecerá o disposto nestas últimas.
No caso de que calquera disposición ou disposicións deste Aviso legal fose(n) considerada(s) nula(s) ou inaplicable(s), na súa totalidade ou en parte, por calquera xulgado, tribunal ou órgano administrativo competente, esa nulidade ou inaplicación non afectará as outras disposicións do Aviso legal.
O non exercicio ou execución por parte da ENTIDADE de calquera dereito ou disposición contida neste Aviso legal non constituirá unha renuncia a este, agás recoñecemento e acordo por escrito pola súa parte.
XURISDICIÓN
As relacións establecidas entre a ENTIDADE e o Usuario rexeranse polo disposto na normativa vixente acerca da lexislación aplicable e a xurisdición competente. Porén, para os casos en que a normativa prevexa a posibilidade de que as partes se sometan a un foro, a ENTIDADE e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, someterán calquera controversia e/ou litixio ao coñecemento dos xulgados e tribunais da cidade de Madrid capital.
