Besteiro participou como produtor asociado en “Arriba Tutto”

O xornalista e produtor José María Besteiro participou como produtor asociado en Arriba Tutto, a agardada estrea na dirección de ficción do humorista José Mota. A película rende homenaxe ao mundo dos cómicos ambulantes e é unha coprodución internacional entre España e Italia.

Arriba Tutto combina a traxicomedia familiar cun pano de fondo bélico que reivindica o poder transformador da risa. A coprodución hispano-italiana tivo unha notable acollida na billeteira española tras o seu paso polo Festival de San Sebastián.

Publicacións similares