“Unha serie de época que esperamos que marque época”, conta José María Besteiro, produtor da serie “Lobos e cordeiros”. A TVG estreará en xaneiro esta ficción ambientada en Ourense, a cargo da produtora Galiwood e co patrocinio da Deputación de Ourense.
O público do OUFF puido gozar onte do primeiro capítulo desta historia de finais do século XIX sobre amores imposibles entre tres familias. O elenco, entre eles os ourensáns Aida Blanco, Nacho Nugo e Alberto Rolán, acompañou o público do festival no visionado destas primeiras imaxes, no Teatro Principal. Boas sensacións.





