Final feliz con voda en “Pazo de familia”

Os telespectadores da Televisión de Galicia puideron escoller por primeira vez o final dunha serie, Pazo de familia, ficción producida e creada por José María Besteiro, spin-off doutra exitosa produción emitida pola TVG: Libro de familia.

A fiel audiencia escolleu entre os dous finais alternativos e decidiuse polo máis feliz, coa voda de Emilio e Sara, unha opción que viron na noite do pasado mércores nada menos que 115.000 espectadores, o que supuxo unha cota de pantalla do 12,8 por cento, a máxima acadada por esta produción durante a última tempada.

Así, Pazo de familia volveu ser a opción escollida por boa parte dos telespectadores galegos, que se dividiron maioritariamente entre esta serie e Operación Triunfo, que emitiu La 1 de Televisión Española.

Os seguidores da serie que queiran ver o outro final da historia dos Pardo Veiga poden facelo na web da CRTVG ou a través do Twitter da Televisión de Galicia, @TVGalicia.

Ler máis en El Correo Gallego

Publicacións similares