O vídeo de Enrique Iglesias que promociona Galicia supera todas as previsións con máis de 150 millóns de visualizacións

O videoclip da canción “Noche y de día”, de Enrique Iglesias, que amosa algunhas das localizacións galegas máis espectaculares, superou as previsións máis optimistas e conseguiu desde a súa estrea máis de 150 millóns de visualizacións só en YouTube.

Antes da súa emisión, as previsións apuntaban a que o vídeo podería acadar os 100 millóns de reproducións, pero superou con moito estas expectativas. O Goberno galego colaborou economicamente na produción deste vídeo cun investimento que tivo un retorno maior do esperado, tanto na facturación das empresas e profesionais galegos que participaron na produción do clip, como hostaleiros ou traballadores de empresas de iluminación e de catering que apoiaron a rodaxe en Galicia, como na promoción dos lugares máis turísticos de Galicia.

No videoclip aparecen algúns dos escenarios galegos máis identificables, pois amósanse localizacións da Coruña, Lugo, Santiago, Ribadeo ou o mosteiro de Carboeiro, entre outros, ademais dun rótulo que sitúa as escenas en Galicia.

Publicacións similares