O videoclip “Un zombie a la intemperie”, de Alejandro Sanz, supera os 30 millóns de visualizacións

O videoclip “Un zombie a la intemperie”, sobre a canción homónima composta e interpretada por Alejandro Sanz, superou con moito os 30 millóns de visualizacións en YouTube e achégase xa aos 35 millóns.

Un zombie a la intemperie é un tema composto por Alejandro Sanz e producido por el mesmo xunto ao produtor arxentino Sebastian Krys, gañador de catro premios Grammy e oito Grammy Latinos.

O vídeo está coprotagonizado por dúas das actrices españolas máis destacadas do momento: Inma Cuesta e Marta Etura. Gravouse no mosteiro de Oseira, en Ourense, e noutras localizacións da provincia. Dirixiuno o realizador Ruben Martin, que tamén se encargou do concepto gráfico do sinxelo e do álbum.

 

Publicacións similares